O DEPORTE EN GRECIA

En Grecia un corpo perfectamente proporcionado era indicativo dunha mente e dunha alma ben evolucionadas, así como un símbolo de prestixio social; por iso se daba moita importancia ao deporte.
2.     Crían que axudaba á hora de desenvolver as calidades necesarias para ser un bo cidadán e que era un excelente entrenamento físico e moral para un bo soldado.
3.     O deporte estaba asociado orixinariamente á relixión. Os xogos celebrábanse polo xeral nos santuarios para conmemorar ritos e festividades relixiosas.
4.     No deporte cotián, os entrenamentos, a cargo do pedotriba, tiñan lugar nos ximnasios e palestras, aos que os nenos comezaban a ir dun xeito regular aos 12 anos. Alí venerábase ao deus Hermes por ser quen ensinou os ejercicios ximnásticos aos mortais.
5.     Hermes ( Ἑρμῆς/Mercurio), fillo de Zeus e da ninfa Maia, ademais de deus dos atletas, era mensaxeiro dos deuses, conductor das almas, patrón dos ladróns, protector dos comerciantes, deus da elocuencia…
Atribúeselle a invención do alfabeto, así como da lira e a frauta. Representábase con sandalias aladas, unha vara de mensaxeiro (caduceo) e un sombreiro de aba ancha (pétasos). Pero quizais as representacións máis frecuentes de Hermes eran “os hermas”: piares de pedra con atributos virís e rematados co busto de Hermes, que se erixían na ágora e nas encrucilladas para afastar o mal.

 

Imagen crátera con corredores
INVESTIGACIÓN
  •  Menciona os poderes que recordes do deus Hermes.
  • Un dos epítetos de Hermes é o de “arxicida”, por ter matado a Argo. ¿Quen era e por que o ma
  • Se arxicida é o asasino de Argo, ¿Cómo explicarías o significado destas outras palabras: parricida, suicida, homicida, fratricida e xenocida?
  • Busca o significado etimológico de: ximnasia, agón, palestra e hermético.
  •  As cidades gregas tiñan ximnasios e palestras. ¿Como se chamaban os de Atenas?
  • No ximnasio grego hai un lugar para o desenvolvemento intelectual, a exedra, onde os filósofos favorecían os debates das súas doutrinas. ¿Nos ximnasios actuais hai sitio para o cultivo intelectual? 

Imagen cerámica pugilistas

Comentarios